Tarifa de recargas en Riscos Extraordinarios. Cláusula de cobertura a inserir nas pólizas de seguro ordinario, e información a facilitar polas Entidades aseguradoras. Contén as modificacións introducidas na Resolución de 27-11-2006 (BOE, nº 292, de 7-12-2006) pola Resolución de 12-11-2008 da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións (BOE, nº 280, de 20-11-2008). O apartado cuarto desta última Resolución dispón un réxime transitorio de adaptación: "Os contratos de seguro de nova emisión que se asinen a partir dos 6 meses seguintes á data da entrada en vigor da presente Resolución deberán estar adaptados a esta; os contratos de seguro de carteira deberán adaptarse á presente Resolución, como moito, no primeiro vencemento que se produza a partir dos 6 meses seguintes á data da súa entrada en vigor".